Non é tarde case nunca

ntonte pola noite a 2 de TVE2 emitiu o filme Confidencias de media noche, que é como se titulou a versión en español da comedia norteamericana Pillow Talk (“Conversa de almofada”), estreada en 1959. Apetecíame vela porque nunca máis me cadrara poder facelo desde que comezara a mirala –en branco e negro como era a televisión que nos ofrecían daquela– hai nada menos que cincuenta anos. Fora na noite -nas nosas coordenadas xeográficas- do día 21 de xullo de 1969, cando os astronautas estadounidenses Armstrong e Aldrin chegaran á lúa e camiñanaran pola súa superficie. Recordo que estaba pasando o verán coa familia no apartamento da praia de Cabanas. A xente foise deitando e eu quedei con meu pai para ver en directo aquel “pequeno paso para un home, un grande salto para a humanidade”, que dixera Armstrong. Para entreter a espera proxectaron o filme de Michael Gordon, interpretado por Doris Day e Rock Hudson, e puxémonos a velo, mais a min acaboume tumbando o sono e nin vin a película enteira nin, menos aínda, a chegada á lua, que tivo lugar ás 3,56 da mañá, hora española. A chegada vina logo moitas veces e co filme puiden pasar un bo rato desta volta. 
 

Non é tarde case nunca

Te puede interesar