Bonifacio Borreiros

Bonifacio coñecino da man de Carmelo Teixeiro ao calor das municipais de 1991. Era o secretario xeral da comarcal e deputado autonómico polo PSdeG, Carmelo era entón o secretario de organización. Foron anos intensos, moitas cousas vividas, ata leváronnos ao xulgado por defender Ferrol, tíñamos razón -e gañamos aquel xuízo- pero case quedamos de aquela expulsados das filas socialistas. Eu era un mozo que foi aprendendo dos dous moitas cousas, igual iso explica a miña rebeldía.
O dezanove de xuño vai haber unha homenaxe a Bonifacio en Narón. A cargo da Asociación de Amigos do Arte, en forma de primeiro premio de pintura, cunha inauguración onde estarán uns bos amigos del, como o presidente González Laxe –xuntos compartiron militancia no PSG e responsabilidades na Xunta– ou como o libreiro Álvaro Espilla. 
Así como Narciso Pillo, Andrés Pena e Julia Dopico Vale. Parabéns pola iniciativa.
 

Bonifacio Borreiros

Te puede interesar