Demanda

A axuda no fogar xestionada polos concellos é un servizo social público que presta apoio a individuos e familias cando se atopan incapacitados para realizar tarefas esenciais da vida cotiá. As auxiliares domiciliarias son as profesionais que día a día están en contacto directo coas persoas usuarias. A súa preparación, motivación, implicación, compromiso e esforzo persoal é imprescindible para o bo desenvolvemento dos proxectos de atención. O progresivo envellecemento da poboación e a querencia das persoas maiores de permanecer no seu contorno dispara a demanda laboral neste sector.
Os novos requisitos formativos esixidos, o intrusismo da autocompetencia non legal, o incremento de horas de atención á dependencia e a coincidencia co inicio das sustitucións das vacacións fan que actualmente tanto as entidades locais como as empresas concesionarias teñan serias dificultades para cubrir prazas.

Demanda

Te puede interesar