MUGARDOS HONRA ÓS SEUS

Os meus primeiros recordos de Xoán Rubia son no Instituto “Concepción Arenal”, aló polos primeiros anos sesenta, cando entrei a facer o bacharelato. Só o coñecía de vista e de oídas na miña casa de mugardeses. Era sobriño, nada menos, que de Joaquín Alejos, que fora campeón de España do peso pluma. Perdinlle a pista, ata que, en 1968, o atopei na miña clase de 1º ano de Filosofía e Letras. Ese curso tiven bastante relación por mor da canción galega e a miña fondísima amizade con Vicente Araguas. Mesmo, os tres, xunto co prestixioso catedrático e académico Guillermo Rojo, estivemos a piques de morrer a bordo dun Simca-1.000, nun accidente camiño de Lugo para un recital. Daquela a hoxe sempre mantivemos unha excelente relación, por terras ferrolás, compostelás, coruñesas... Xoán Rubia é dos que, en diferentes ámbitos, nomeadamente o musical, teñen traballado arreo na dignificación da nosa cultura, É por iso que a homenaxe que hoxe se lle rende é máis que oportuna e merecida.

 

MUGARDOS HONRA ÓS SEUS

Te puede interesar