EMERXENCIA

Días atrás, artificieiros da Garda Civil realizaron un exercicio na planta de Reganosa para controlar un paquete sospeitoso. En principio, este acto parece incluído dentro da normal preparación dos nosos corpos e forzas de seguridade do Estado. Mais eu, que son bastante desconfiado, dei en matinar si este asunto non sería unha artimaña dos responsables da regasificadora para demostrar a seguridade das instalacións. Si foi un exercicio de adestramento, moi ben; pero si o que se pretendeu foi utilizar as nosas forzas especiais para publicidade de Reganosa, paréceme intolerable. E ademais que nos digan os responsables da compañía que poderían facer os especialistas da Garda Civil contra un refacho de vento que guinde un gaseiro contra as rochas no canal da ría; ou se rompe unha estacha dun remolcador; ou no caso de calquera fallo humano que puidera provocar unha catástrofe. Menos propaganda e máis sentidiño, porque nos vai a vida neste perigoso xogo.   

EMERXENCIA

Te puede interesar