CEN DÍAS

|

Estes días cúmprense tres meses da constitución das novas corporacións municipais. 
Eses famosos cen días que todo novo goberno ten de cortesía para facerse co control da institución e encauzar a súa xestión e o cumprimento do seu programa electoral. Con setembro empeza a nova etapa onde, no noso caso, a coalición de Ferrol en Común e PSdeG debe dar un pulo e amosar claramente a intención de cambiar o devir dos últimos anos.
Vimos neste trimestre como o alcalde púxose á fronte das crises da auga e da EDAR e como se deseñaba un programa de festas en favor dun tipo de público que nas últimas convocatorias quedara excluído. 
Quizais, o máis rechamante é que dende o grupo de goberno hai quen traslada á veciñanza que so vive para saír na prensa, e con tanto ir e vir do Parlamento, que é dubidoso que poida ter tempo para atender como merece a xestión municipal.
 

CEN DÍAS