RECUPERACIÓN 0

Imos para oito anos de recesión e crise e cunha política, a neoliberal de Zapatero e Rajoy, que só serviu  para provocar un paro, pobreza, desafiuzamentos, unha enorme vaga de sufrimento na sociedade. Cada ano prometen a recuperación real; no entanto os beneficios milmillonarios son para un puñado de grandes empresarios, banqueiros e especuladores e para nós as rebaixas salariais. En Ferrol o comezo do ano cóllenos coas urxencias colapsadas, cos ERES nun imparable crecemento, co emprego nas auxiliares do naval morto e coa plantilla principal de Navantia en réxime de subocupación, co fracaso estrepitoso do plan Ferrol, coas novas vellas dos impagos ás traballadoras de Cleanet, as rebaixas salariais que queren impor os patróns de Poligal ou os despedimentos en Maderas Fernández... Esa recuperación é o narcótico publicitario que nos administran a ver se aturamos outra ración máis de violencia material. A receita alternativa pasa por loitar e unírmonos de aquí a maio cun programa de cambio común que mellore as condicións de vida das persoas.

 

RECUPERACIÓN 0

Te puede interesar