THE SHOW MUST GO ON

|

Asisto cada vez máis a absurdos debates no ámbito do show mediático en que se ten trasmutado a política. Tránsito de bustos de persoas ás que os mesmos protagonistas desta trasnada lles teñen recoñecido méritos nas institucións con medallas de ouro que non cuestionan. Polémicas sobre peiteados e vestimenta que semellan insondables debates ideolóxicos mentres que senegaleses afincados na nosa sociedade vestidos de seda ou de trapo non poden participar da política.
Discusións que teñen como fin provocar o teatral encono entre a sempiterna dialéctica na que os máis rancios cada vez se alborotan con máis fervor agradecendo ao ceo que nada mude e os máis progres desfrutan da súa inusitada transgresión na sociedade que os pariu e se alporizan coa formalidade carca. Todo alentado polo apoio mediático que babea con estes debates mentres manipula a información acicalando a inmutabilidade de convenios como o de Defensa. E aínda que o show deba continuar o noso esforzo permanecerá.

THE SHOW MUST GO ON