Sabedoría

|

Eimpresionante a sabedoría do Presidente do Goberno. Seica dixo que: “non podemos gastar o que non temos, porque iso foi o que arruinou ao noso país”. Paréceme estar oíndo a aqueles vellos “petrucios” galegos que dicían: “Non se debe estirar os pés, máis do que da a manta”. A sentenza é tan acertada, que ninguén debería ignorar o consello, especialmente as pensionistas de 300 euros, que xa saben agora, que non deberán gastar eses 700 euros que lles faltan para os mil, que deberían cobrar e non cobran. Coido que os filósofos gregos e os chineses quedarían abraiados ante a clarividencia de don Mariano. Mais, se iso foi o que arruinou ao país, habería que saber quen gastou de máis, en que o gastou e, a onde foron parar os cartos. Seremos os pensionistas os “manirrotos”? E se non fomos nós, por que teríamos que pagar as consecuencias? Sería o Goberno quen lles regalou miles de millóns aos bancos e ás autopistas, como din os malpensados da oposición?  Xuro que eu non fun.

Sabedoría