Onde están as nosas patacas?

|

Esta é unha pregunta que me fixen o outro día despois de mercar nun supermercado con certa presa unha bolsiña deste tubérculo orixinario de América pero que tan ben se dá na nosa terra galega. Sempre procuro observar o etiquetado dos productos e decidirme polos  nosos, sexan galegos ou do resto do estado, simplemente por unha cuestión de principios. Na etiqueta principal da bolsa aludida figuraba en letra grande de cor verde unha empresa de Xinzo de Limia, terra de patacas por certo, e pasou directamente á cesta da compra.  Cando cheguei a casa disposto a poñer as patacas no sitio das patacas decateime doutra etiqueta maís pequena colocada un pouco más abaixo na que se revelaba a orixe do producto: Francia. O meu cabreo foi monunmental e xurei en arameo. Como é posible semellante tomadura de pelo ao persoal? Como se pode consentir a invasión de pataca francesa nun territorio xenuinamente productor de patacas como é Galicia e camuflala coma se fose galega? E ven de ser que, dadas as circustancias, case estamos abocados a mercar nestas grandes áreas comerciais en vez de facelo nas pequenas tendas familiares nas que mercabamos outrora e cuxos productos procedian das leiras da contorna. Si, xa sei que estarán pensando que hai que ir cos tempos  e se nos dirixen ás grandes áreas comerciais, ala imos para non camiñar contra corrente. Ali vexo, por exemplo, mexilóns de orixe chileno que por suposto non merco, espárragos de China que tampouco, garbanzos e guisantes de Arxentina, pois non, cítricos de Marrocos, tampouco, e un longo etc de  especies e especias do mundo mundial invadindo os estantes en competencia coas nosas. Lembro, non hai moito, que os camións cargados de productos hortícolas españois eran atacados en Francia por agricultores franceses e a súa carga espallada na estrada. O agumento a esta acción era a defensa da producción autoctona e o mantemento dos prezos. Coa chegada do ingreso na UE e a circulación libre de productos e diñeiro dentro dos países asociados, teño a sensación que entran no noso país máis cousas das que saen, e o mesmo en Francia non hai nas tendas tantas patacas galegas como  francesas aquí. Así as cousas un xa non se pode fiar.

Onde están as nosas patacas?