Tranquilidade

Despois de xantar adoito ver “Saber y Ganar”. Na emisión de onte unha das preguntas versaba sobre que outra cousa, ademais de como se fan as salchichas, era mellor descoñecer se se quería durmir tranquilo, segundo a coñecida frase que é común atribuír a Otto von Bismarck -así o fixeron no citado programa-, se ben o seu autor foi o poeta norteamericano John Godfrey Saxe. A resposta, como sabemos, é: as leis. Parece, pois, ser boa cousa para a nosa saúde non saber como se fan. E case me atrevería a dicir que cumpriría engadir outro tanto de como e cando, ou de cando e como, se aplican. Porque me viñeron á cabeza varios casos de presuntos incumprimentos ou desobediencias de sentencias xudiciais. Lembrei que, hai cinco ou seis anos, o  daquela alcalde de Arzúa fora inhabilitado e non puidera concorrer á reelección por non ter acatado a sentencia de demolición dun edificio, unha resolución xudicial ditada seis anos antes, cando el non estaba á fronte do municipio. Hoxe, polo que sei, o alcalde é outro e o edificio segue en pé.  Como sucede na Coruña co edificio da rúa Fernando Macías, onde foi a sede de Fenosa, con varias sentencias de derribo do Supremo.
 

Tranquilidade

Te puede interesar