OCDE

Estes días estivo por España Ángel Gurría, secretario xeral da OCDE (Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico). Viña envolto na bandeira do capitalismo verde. Quizais o rechamante é como se nos presenta a noticia sen unha análise crítica da mesma, que case pareza que este organismo internacional é unha ONG a favor dos pobres do mundo.
Apoiou a reforma laboral do PP, que se traballe moito máis por gañar menos e ter unha vida precaria. Pero, o máis sorprendente foi que dixo apostar pola defensa ecolóxica deste país, das nosas augas e da nosa natureza. E para iso, que había de aumentar os impostos aos “axentes contaminantes”, previa baixada de impostos ás grandes fortunas e ás empresas. E cales son esas medidas? Que os cidadáns paguemos o que deixaran de tributar os ricos con subas nos combustibles, na luz, na recollida do lixo, na auga e no saneamento. Sóalles? Si, Ferrol sería modélico para a OCDE.

 

OCDE

Te puede interesar