Anomalía

Cada ano a Xunta de Galicia promove o recoñecemento das competencias profesionais adquridas a través da experiencia laboral en determinadas unidades de competencia.

Unha delas é a de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. Moitas persoas estanse esforzando para adqurir o certificado de profesionalidade. Mais aínda acadando a titulación non poden traballar nos centros públicos de titularidade autonómica. As bases da función pública estatal establecen diversas titulacións académicas nas que paradoxicamente non incluen a antes citada. A función púbica autonómica depende da estatal, por iso a Xunta ante as alegacións da súa propia sección de cualificacións con  esta anomalía absurda, resposta que depende dun imprescindible cambio na normativa estatal. Si non queremos preparar á xente con recursos públicos e so para o sector privado,o novo goberno xa ten tarefa.

Anomalía

Te puede interesar