MATADERO

O pasado fin de semana tocoume visitar novamente o Centro Cultural Matadero en Madrid. Non sei se coñecen o lugar pero se non é así recoméndollelo como imprescindible. Como o seu nome indica é o antigo matadoiro municipal situado no barrio de Legazpi. Un complexo de edificios impresionante, sometido ao paso do tempo, o abandono e mesmo algún incendio. O caso é que actualmente cunha intervención mínima pero cargada de talento arquitectónico se converteu no epicentro de boa parte da vida cultural máis interesante da cidade. E cando digo cultural refírome a todo tipo de actividades que inclúen teatro, cine, literatura, artes plásticas pero tamén hortas urbanas, sendeirismo en bicicleta, etc. Unha dinámica que transformou en boa medida o ámbito humilde no que está situado. Empregáronse fondos europeos segundo indica un carteliño na porta. Penso na Fábrica de Lápices e como sinala un amigo, aquí non souberon nin copiar.

 

MATADERO

Te puede interesar