Reformar

Seica sopran aires de reforma para a nosa Constitución, que remata de cumprir os 38 anos de servizos. Non son suficientes para ter dereito a unha boa xubilación, mais semella que son abondo para unha profunda análise e actualización do seu articulado. Para comezar, o Parlamento podería propoñer unha lei que permitise aos cidadáns “de a pé”, facer as súas aportacións sobre aqueles puntos que considerasen un necesario cambio ou retoque. As colaboracións poderían ser enviadas a unha oficina especial do Parlamento, para sometelas despois a un debate, previo á reforma. Pola miña parte proporía a mesma valoración para cada voto e, unha segunda volta nas eleccións entre as dúas opcións maioritarias. Así remataría a posibilidade de que gobernase o gañador dos comicios, cando é ao mesmo tempo o máis rexeitado e impedindo situacións de gobernos “en funcións” como a que recentemente temos sufrido aquí. Xa sei que non son quen para dar ideas pero, vostedes como o ven?   
 

Reformar

Te puede interesar