Honorabilidade

O moi honorable perdeu a súa honorabilidade, algo que unha persoa non debera perder e menos  se é un político ao que un sufraxio universal dou autorización para gobernar. Acórdome perfectamente cando   Pascual Maragall, entón presidente da Generalitat, espetáballe  a Pujol Ferrusola, fillo do expresidente  catalán,  nunha sesión do Parlamento no ano 2005 aquilo de: “señor Pujol o seu problema é o 3%”, referíndose a un suposto cobro de comisións pola construción do metro do barrio do Carmel. O asunto quedou diluído no esquecemento porque Maragall en aras de nos sei que servizo a Cataluña decidiu non enviar ao xulgado a denuncia por aquel cobro ilegal. Pero miren por onde  nove anos despois descóbrese que perante 32 anos o honorable presidente Pujol, xefe da saga, derivaba cartosa Andorra e Suíza para defraudar a Facenda. De casta venlle ao galgo e xa ven como certos mandatarios botan man da política para o seu propio beneficio. O fin –usurpar– xustifica os medios –o servizo ao país, e así lúcenos o pelo e así está, á altura do betume, a opinión que a xente ten da clase– non sei se atreverme a dicir casta- política. E reparen en que eu son dos que pensan que todos os políticos non son iguais nisto dos transvases de cartos  da conta pública á conta persoal, pero o que se está a destapar día tras día non axuda nada a manter este criterio. A distancia que os políticos manteñen coa xente estalles a crear un enorme descréditoe o peor de todo isto é que os gobernados están deixando de crer naqueles que os gobernan e  é entón cando o pobo  pasa a dicir que tanto da, que todos son iguais. Pero non é certo.
Unha nova formación política irrompeu coma  un elefante nunha cacharreira poñendo dos nervios a aqueles que xa crían ter o touro collido polos cornos.“Podemos” transmitiu unha mensaxe que moita xente desexaba escoitar. Terán, iso si, que afinar bastante máis, teranse que decatar que unha cousa é predicar e outra dar trigo –creo que xa o saben– pero penso que,dadas as circunstancias, son necesarios no actual espectro político onde o descrédito é palpable. Lembren que ata hai pouco pedíase pola maioría das actuais forzas parlamentarias que os indignados se deixaran de indignacións e de outras lerias e se atreveran a entrar no xogo democrático presentándose como partido político a unhas elección. Pois se presentaron e aí está o resultado. Agora certos medios  e certos partidos os chaman populistas, bolxeviques, bolivarianos  e outras lindezas por un estilo. As eleccións municipais están preto e a  máis dun acomodado xa entroulle o canguelo.
A toda esta xente que recen chega á política haberá que lle dar un plus de confianza, pensar que veñen cun afán de servizo público, que son honorables namentres non se demostre o contrario. Outros denantes entraron con ese propósito e sucumbiron as tentacións  e certamente a maioría dos que se dedican á política hoxe teñen que lavar a súa imaxe con xabón da inocencia e dicir: eh, que eu non son un delincuente!  
Visto o visto o teñen certamente difícil porque a decencia e a honorabilidade habelas hainas pero non son noticia cando si deberan selo pola súa escaseza no mundo da cousa pública.
Perdoen esta arenga en tempos de lecer cando todos andamos de festa rachada e máis relaxados do habitual.Sen saber por que, hoxe doume por aí.

Honorabilidade

Te puede interesar