“Radical help”

o libro que Hillary Cottam publicou no Reino Unido analizando as problemáticas dos actuais estados de benestar; tanto dende os cambios demográficos, económicos e sociais, como dos procesos de formalización, despersonalización e burocratización dos servizos sociais.
Uns modelos de protección social baseados na xestión das prestacións, o control profesional e o cumprimento despersonalizado da normativa, deixando apenas espazos á acción voluntaria,a vinculación comunitaria e o contacto persoal.
A súa proposta de cambio concretase en dúas ideas básicas: a importancia de reorientar a intervención social á reconstrucción dos vínculos e as redes relacionais máis a urxencia de actuar sobre as capacidades e non sobre as necesidades das persoas.
Un berro de atención e innovación aos sistemas de servizos sociais que non están a cumplir coas expectativas nin dos profesionais nin das cidadanías.

“Radical help”

Te puede interesar