O caso é vender

Eike Schimidt, o novo director da Galería dos Uffizi (Florencia) –unha das pinacotecas máis importantes do mundo– acaba de adoptar medidas para evitar a masificación dentro das salas e mesmo ás portas do edificio. Sería bo que todos os museos imitasen esta iniciativa e establecesen tamén unhas normas mínimas de comportamento.  Quen visita con asiduidade museos sabe que, nos últimos tempos, especialmente durante festivos e vacacións, as salas destes espazos semellan centros comerciais nun día de rebaixas. É imposible gozar das obras, ás veces, nin sequera velas, debido ó abondoso público, ós paus de selfie, ós móbiles ou a nenos acarreirando. Froito, como non, dunha xestión onde o único que parece interesar é a venda de entradas. Vender, vender o que sexa, é tamén o que está a converter calquera tipo de celebración, relixiosa ou non, en festa consumista, como o San Valentín que hoxe se celebra, festividade xa usurpada no seu día ó paganismo. Quen sabe a estas alturas quen foi o dito Valentín ou que se celebraba antes nestas datas?
 

O caso é vender

Te puede interesar