Diálogo social

Coido que non se lle deu a suficiente importancia, ao acordo acadado  polas forzas sociais para o aumento do salario mínimo, froito ao parecer, do bo facer da Ministra dona Yolanda Díaz. Iso pode ser un importante punto de partida, non só para futuros entendementos en favor da clase traballadora, senón para rematar co “mantra” empregado a cotío pola “Dereita”, para asustar co “perigo dos comunistas” Parece mentira que no século XXI, aínda haxa xente que comungue con semellantes rodas de muíño, mais é sorprendente, a cantidade de xente da rúa que aínda “traga” con todas esas trapalladas. Os “intoxicadores” sábeno e utilizan o tema como propaganda, sementando a desconfianza, cando non o rancor e o odio, contra os seus rivais políticos. Mais se cadra, agora poden perder unha boa parte dos seus argumentos contra os comunistas, contra os emigrantes e contra a independencia das mulleres. E sería  grazas ao traballo da “nosa” Ministra. Muller tiña que ser. E ademais ferrolá. Pois si.   

Diálogo social

Te puede interesar