Soberbia?

|

hai casos na vida que non son doados de entender. A conduta das persoas é ás veces tan estraña, que non se sabe a que motivos obedecen. Quizabes os psicólogos podan explicar, irmán, a túa teima por marchar da casa que tanto tempo compartimos; esta casa na que tantos quererían entrar para quedarse; esta terra que tanto che deu e que agora ti desprezas. Sendo rico e culto, non queres compartir a túa riqueza e a túa cultura. Será que a soberbia nubrouche o maxín?  Pensas que o teu benestar sería o mesmo sen o traballo de outros? Dis que tendes a man, pero non é verdade, porque en realidade, ti non te vas, senón que me votas fora a min e chamas traidor ao que non comparte a túa insistencia egoísta. Pois mira, xa que a solidariedade só che interesa co poderoso, por min pódeste ir. O problema é que habería algún prexudicado que non ten culpa do teu desvarío. Agora ben, non sexas hipócrita e non poñas a desculpa da liberdade e a democracia. Érache  boa se colara!! Non é?

Soberbia?