Osíxeno

O Tribunal de Contas fixo público hai escasos días que seis comunidades autónomas recoñecen explicitamente que a falta de recursos económicos suficientes lles impiden prestar axudas da lei de dependencia. O resto das autonomías, aínda que non o expresen, en maior ou menor grao, están na mesma situación. Galicia por exemplo, ten 18.189 persoas con dereito á prestación pero que non a perciben, representando un elevado 31,9% sobre o total. A Xunta, ante as desesperantes listas de espera, prevee repartir en abril 8.000 horas entre os servizos de axuda no fogar de todos os concellos galegos. Votando contas, apreciase que serán moi escasas, a penas terán impacto na saúde do sistema. O incumprimento da lei e o progresivo recorte da súa financiación por parte do estado –20% sobre 0 50% establecido– deixa ás comunidades autónomas nunha operación inasumible, dando puntos de sutura onde se necesita osíxeno.

 

Osíxeno

Te puede interesar