Dimitindo

Non sei por que, aos líderes ou xefes que abandonan á súa xente cando as cousas se poñen “de través”, deron en chamarlles “Capitán Araña”. A min, a renuncia de don Mariano fíxome lembrar a fuxida de don Carles. Por certo que, as súas motivacións poden ser distintas, mais sempre respectables. Non sei se os casos destes dous xefes poderían considerarse como a saída de calquera capitán araña de pouca monta, mais a min paréceme albiscar certo paralelismo entre eles, que aparenta denunciar unha especie de autosuficiencia e que podería significar: “Eu son eu. E as miñas circunstancias son as que a min me da a gaña”. De calquera xeito, os dous tiveron a oportunidade de saír dun xeito moito máis digno, por medio desa actitude democrática que neste país ten tan escaso uso: dimitindo. Iso ten os seus inconvenientes e non todos teñen a gallardía e a coraxe de manter o tipo. Nembargante, antes ou despois, cando veñen mal dadas, o resultado ven sendo o mesmo. Digo eu, claro. 

Dimitindo

Te puede interesar