Incentivo

Chámase así o premio concedido para estimular o aumento de produción ou de consumo e tamén como premio por unha determinada colaboración. No caso de cambio de automóbil, o Estado, por medio do Plan PIVE, concedeu unha axuda de mil euros, para animar aos que querían mercar un novo coche. A moita xente, pareceulle unha axuda do goberno ao comprador, para manter a produción das fábricas e conservar os postos de traballo. Nembargante, despois de efectuada a operación, resultou que  a axuda do goberno non ía para os petos dos sufridos condutores, pois que na declaración da renda quitábanlle unha porcentaxe do “incentivo”, que podía supor entre 250 e 500 euros, segundo os ingresos do “incauto”. A iso hai que engadir, a entrega do seu vello auto cuxo valor, na chatarra ou por pezas, nalgúns casos, podía acadar unha cantidade importante. Ou sexa, que o comprador non foi beneficiado con mil euros, senón con moito menos, se non perdeu no cambio. Paréceme a min, claro. 

Incentivo

Te puede interesar