Onte remataron a recollida de avais para as primarias socialistas e antonte rematei esta columna. Salvo sorpresas, dan por seguro que a votación provincial vaise disputar entre Manuel Mirás e Julio Sacristán.
Mirás é membro da executiva galega, a súa é unha proposta que busca recuperar coherencia e credibilidade socialdemócratas. Tamén, é unha meta volante de Besteiro na súa candidatura á presidencia da Xunta de Galicia. Sacristán vén da man do exsecretario de organización de Fernández Moreda –Emilio Vázquez– e a nivel local conta co apoio do grupo municipal socialista.
En Ferrol, espérase que a deputada Beatriz Sestayo desborde a Veloso. Todo o mundo sabe que este proceso non é problema para ela. Salvo ausencias xa anunciadas, deberá dicir con quen quere ir ás municipais. Iso si, necesita da vitoria de Mirás, Sacristán sería un éxito póstumo da voceira municipal.