Non entendo nada

Xa, xa sei que algún dira que eu non me entero de nada. E máis neste Ferrol, ó que tanto queremos pero do tanto despotricamos e onde mudamos un sí nun non ou mesmo cambiamos algo xa feito, que a todos gostaba, por algo por facer e co que en nada de nada estamos de acordo. Mais lle direi que se non entendo nada é porque non me sinto capacitado para ver de que sirve un goberno municipal que fai o prometido, mesmo na súa esencia, como era aquilo da recuperación das concesións municipais ou aquilo outro de de que taxa do PP era inxusta e por iso mesmo se ía cambiar, ou que a depuradora tiñamos que pagala entre todos os que a usan. Penso que ás veces a boca se enche máis do que un querería e que eso das eleccións serve ademais para enchela máis da conta. Xa me dirán vostedes se eu non entendo nada ou se é que, polo xeral, hai cousas que non teñen explicación, como isto do goberno ferrolán.

Non entendo nada

Te puede interesar