DO TESOURO DE TORDESILLAS, QUE?

|

Tivo que ser Napoleón, en 1808, quen abolise a católica inquisición española (e aínda así volvería operar, co Borbón Fernando VII, ata 1834). Hai, pois, menos de 200 anos que entre nós aínda se incrementaban os miles de crimes, torturas e vexacións de todo tipo en nome da relixión. Teño visto uns cantos museos sobre o tema. Agora sabemos que seis mozos e mozas iranianos veñen de ser condenados por gravar e difundir un video caseiro, “obsceno” e “vulgar”, ó redor do “Happy” de Pharrell Williams, no que “se ofende a moral”. A República Islámica iraní (a lei, da que falan aquí) prohibe que homes e mulleres bailen xuntos, peor aínda se elas van sen velo, como é o caso. Ó tempo, a Conferencia Episcopal española, perante a posible retirada da lei do aborto, lémbralle ó PP que os compromisos electorais hai que cumprilos. Como se tivesen cumprido algún. Son os problema das igrexas, da cor que foren, que queren mangonear os estados. Aquí e acolá, todo vén dar no mesmo.

 

DO TESOURO DE TORDESILLAS, QUE?