Verbas galegas e apócrifas (II)

Como prometín outrora, aquí vos deixo algunhas novas que quedaron no tinteiro, xunto con outras que se perderon polo camiño. Falo de verbas e sentencias ouvidas en algures que, ás veces, sen afirmar nada, semellan dicir moito, froito todas elas da sabedoría popular e do sentido do humor de nós os galegos. A sua graza e o seu significado dependen, a miúdo, da entoación con que as empregue cadaquén. Aquí tedes esta nova xeira.
Agarimo: Cariño, afecto, amizade, simpatía. Algures: Aquí e acolá. Amiguiños si, pero a vaquiña polo que vale. Andrómena: Conto, fantasía, trapallada. Arrogancias: nunca gañaron preitos. Bule bule: Fervello, inquedo, sen acougo. Fálame sempre: Non me esquezas nunca. Fun a taberna do meu compadre: fun polo vento e vín polo aire.
Has tirar da orella e non ha sangrar: Se non fas caso dos  meus consellos . Larapetas: Falapouco e laretas, que fala moito e sen senso. Ledicia: Pracer, felicidade, benestar. Luscofusco: Hora máxica e misteriosa entre o dia e a noite. Madía leva: Así calquera, ¡poucas grazas!. Malfadado: Desgraciado, que ten mal fado. Gafe. Mal será: Consolación por algo que está a ocorrer.
Manda carallo: Manda huevos en castelán. Mans que non dades: ¿Que esperades? Maricallo: Home moi dado a enredar entre as mulleres. Marruán: Pailán, vulgar, túzaro. Meiga: Muller a quen se atribúen pautos co demo. Meigallo: Feitizo, maleficio, arangaño. Merdán: Home covarde, de pouco peso e credibilidade. Mexericas: Que se queixa moito sen motivo. Morra Marta, morra farta: ¡Que lle quiten o bailado! Morra o conto: Un xeito categórico de pechar unha discusión.
Neboeiro: Néboa, néboda, neboeira. Nas rias baixas poalla.  Ningures: Ningunha parte. Non te cases cun ferreiro que é moi malo de lavare: Cásate cun mariñeiro que ven lavado do mare. Nunca choveu que non escampara: Non hai mal que cen anos dure. O falar non ten cancelas: Non hai que se fiar de falsas promesas. Onde irás boi que non ares: Se tes que traballar, que lle vas facer. O que sementa ventos: Recolle tempestades. O ramo cativo: Trastorno producido pola posesión do demo. Outro que tal baila: Tanto ten Xan como Perillán. Pailán: Rústico, sen educación nin roce coa xente. Tamén pailaroco e paduán. Pras medras: Roupa que se lles compra aos nenos dúas medidas por riba.
Por un lado xa ves e por outro: ¿que queres que che diga?. Que o demo me leve si eu fixen este mundo: Curros en estado puro. Retranca: Ironía, unha das sinais de identidade dos galegos. Vale máis unha chea: ...que sete lambadas. Xente con xente: Deus os crea e eles se xuntan. Xente nova e leña verde... todo é fume.
PD.- Moitas grazas a Sindo Martinez polo seu agarimoso comentario. Obrigado.
 

Verbas galegas e apócrifas (II)

Te puede interesar