MUIÑEIRA DE BRÉTEMAS

Manuel ten a homaxe que sempre meresceu. O idioma é a patria, a nosa patria, escribiu Manuel María. 2016 será o seu ano. Memoria inesquecida pra sempre nembargantes. O Día das Letras, das nosas letras, o poeta da terra Chá, poeta de poetas. Versos que abrollaron da súa ialma nobre e da terra. Sempre afincado cun pé a terra. A nosa. Doce anos despois do seu pasamento a Academia honra a un home comprometido ca súa terra, con seu país, co seu idioma. O epígono derradeiro das Irmandades coma veu a recoñecer o seu Presidente Alonso Montero. Paixón e vocación. Honestidade e rigor. Un vento ceibo nun sono perennemente engaiolado. Único, sinxelo, homilde, afectuoso, voz grave, mirada o chan, andar rápido, paseos da medianoite coa súa inseparabel Saleta na praza da Compañía co fondo máxico dos Escolapios ou Colexio da Nosa Señora da Antiga son aínda unha imaxe imborrabel en Monforte onde pasou máis de trinta anos da súa vida e fundou aquela editorial viva e dinámica, Xistral, que tanto espazo e oportunidade deu a noveis escritores e xeracións de poetas. Morreu a cada intre pola súa Galicia. A voz de pobo crebou un día pero vive nos seus versos, nos seus recitais, nos seus textos, na súa narrativa infantil, no teatro e en milleiros de colaboracións e artigos nos xornais. Compromiso social e político, nacionalismo activo e militante tanto na dictadura coma na democracia, foi concelleiro en Monforte, existencialismo, amor, liberdade, o mundo rural e urbán, xalonan toda unha obra literaria extensísima e que abrangueu tódalas temáticas.
Agudo, brilante, amábel, afable, sarcástico, irónico, humor fino, talento, amizade, compromiso, exempro e pulo cultural de todo aquello co que se relacionaba e ca él se achegaba. Diñificou a nosa lingua, preservouna. Loitou por ela. Como poeta e coma escritor, coma Procurador, coma cidadán, día tras día o longo da sú vida. O idioma é a chve coa que abrimos o mundo: o salouco máis feble, o pesar máis profundo. O idioma é a vida, o coitelo da dor, o murmurio do vento, a palabra de amor. O idioma é o tempo, é a voz dos avós e ese breve ronsel que deixaremos nós. … o idioma é a patria, …
Poeta e home, compromiso e voz. Manuel María, agasállonos de novo cun novo libro de poemas: as letras galegas, o noso idioma, o que él engrandeceu e que loitou pola súa defensa e vida. E esa Galicia honrao agora como meresce. Escolas e colexios, academias e institucións vivirán e se aproximarán a vida e a obra dun autor que un día atopou e profundizo polas brétemas do muiñeiro para non voltar.

MUIÑEIRA DE BRÉTEMAS

Te puede interesar