Coa hipocresía ó lombo

Non simpatizo con Nicolás Maduro nin como está levando a delicada situación pola que está atravesando Venezuela. Sábese tamén que algúns ditadores chegaron ó poder meirande sufraxio democrático, por exemplo Hitler en 1933. Maduro foi elixido nunhas eleccións as que acudiron observadores internacionais para garantir o xogo limpo xa que logo estamos diante dun dictador elixido democraticamente e para afastalo só cabe facelo polo mesmo sistema: eleccións en liberdade. Botar man doutros métodos non resulta ser praxes moi democráticas que digamos. Creo sinceramente que detrás de todo este tema hai outros intereses de máis calado que os ideolóxicos. Malia as deterioradas relacións cos EEUU. estes eran o principal cliente vendedor de bens e servizos a Venezuela (maquinaria, productos agrícolas, productos médicos,etc) e Venezuela o principal provehedor de petróleo aos EEUU. E aquí pode que estea o “quid” da cuestión. O petróleo coma “leiv motiv” e o pobo venezolano coma excusa. Non poño en dúbida os erros de bulto cometidos polo réxime bolivariano, pero cústame entender que as dificultadaes polas que está a pasar o pobo venezolano sexan responsabilidade exclusiva de Maduro e compañía. Cando a un pobo se lle quer abafar, basta con cortarlle os suministros e así, como no sistema global imperante prima a interdependencia, non é posible subsistir co propio. Hipocritamente é máis doado falar de democrácia que de asuntos máis egoistas. Hai outras ditaduras que semellan intocables. Arabia Saudita ten moito petróleo e malia aforcar ós homoxesuais na rúa, descuartizar a xornalistas, pisotear os dereitos das mulleres, etc, debe ser desas ditaduras das que fala Alfonso Guerra que non son tan malas como parecen pois teñen moito diñeiro e compran, son bos clientes que ao final é do que se trata. ¿Que pasa con Rusia e con China, por poñer dous exemplos paradigmáticos de ditaduras? 
O que acontece con Venezuela é preocupante e sería desexable que o conflicto se resolvese de xeito pacífico, sen poderes fácticos polo medio, votando a xente libremente, sen interferencias. Pero non comulguemos con rodas de muíño e creamos que ós chamados adaís da democracia, ó goberno dos EEUU. con Donald Trump ó fronte lle interesa a situación do pobo venezolano máis que a riqueza que hai no seu subsolo. Foi o que houbo e éche o que hai. Crer nas súas boas e apostólicas intencións de restaurar democracias polo mundo adiante é coma crer nos paxariños preñados. Abofé.

Coa hipocresía ó lombo

Te puede interesar