LOS TRAMOYISTAS

A Semana Santa Ferrolana forma parte da identidade da nosa cidade. Foma parte do noso acervo cultural e confórmase como unha das tradicións de maior raigame. Por iso, e  pola súa dimensión relixiosa, cultural e eminentemente turística, en 2014 obtivo o recoñecemento como Festa de Interese Turístico Internacional. Un recoñecemento explícito á labor das cinco confrarías participantes, e da Junta de Confrarías qu as coordina, pero sobre todo, ó traballo anónimo de milleiros de cofrades, que ano tras ano, se empeñan en mellorar a calidade dunhas procesións que atraen milleiros de visitantes á nosa cidade. A declaración como festa de interese turístico internacional en 2014 foi un recoñecemento e un revulsivo para seguir traballando na mesma dirección, porque todo o mundo en Ferrol ten interiorizado que a Semana Santa é patrimonio de todos, e por iso, todas as Corporacións Municipais, e todos os gobernos, de distinto signo político apoiaron este evento. Así foi con Juan Blanco, dun modo especial con Xaime Bello, con Juncal, con Irisarri e con José Manuel Rey. Todos eles apoiaron á Semana Santa, nalgúns casos, por riba de consideracións relixiosas. E por iso, ninguén entende a animadversión que o novo goberno local amosa contra a Semana Santa Ferrolana. Unha animadversión que o rexedor, Jorge Suárez, fixo pública mesmo antes de tomar posesión do cargo de alcalde. O goberno local quere acabar coa Semana Santa, e por iso, planea recortar máis dun 50% a subvención municipal, con excusas de mal pagador. A Xunta e a Deputación Provincial van seguir apoiando a Semana Santa, igual que en anos anteriores. Nada mudou para estas administracións. Pero o alcalde ten unha cruzada persoal contra a Semana Santa, e se ninguén llo impide levará adiante os seus plans, coa complicidade do PSOE de Beatriz Sestayo. O seu sectarismo, e a falta de respecto hacia as conviccións relixiosas dos católicos, impídelles ver que a Semana Santa é tamén unha expresión cultural, unha seña de identidade da nosa cidade e un reclamo turístico de relevo internacional, que xenera un retorno económico para toda a comarca. O seu sectarismo impídelles recoñecer que a Semana Santa de Ferrol é de todos. Esquécense de que os gobernantes que antepoñen os intereses partidistas porr riba do interese xeral acaban sendo rexetados pola cidadanía. Ó alcalde de Ferrol xa lle está a pasar. 
 

LOS TRAMOYISTAS

Te puede interesar