Uvas con conciencia

A “regueifa” entre Corea do Norte e USA parece un “comic” do gordo e o fraco, aínda que non se pode rexeitar totalmente un enfrontamento máis serio, dada a agresiva personalidade deses dous protagonistas. Seica dixo “o gordo”, que ao final se terá que ver “quen durará máis”.  Eu non sei se haberá que tomalo a broma, porque se das palabras pasan aos feitos, e van dunha en outra, aplicando a norma do ollo por ollo, xa non procede aquilo de que “o mundo quedará cego”. En realidade quedará cego, xordo, mudo,manco e coxo, se é que queda algo do mundo para aproveitar, tendo en conta a enorme capacidade destrutiva por parte deses dous tolos e dos que, dun xeito ou outro se verían envoltos nese “festival” nuclear. Paréceme a min que o perigo é menor do que se pode supoñer, porque agora semella que “o Trampas” atopou outro xeito de contentar aos fabricantes de armas, avivando a guerra entre palestinos e israelitas. Seica ao presidente ianqui gústalle guerrear, non si?  

Uvas con conciencia

Te puede interesar