Catro convenios

O martes, case de mañanciña, en Ferrol tíñamos unha inusitada actividade na Casa do Concello. Aos do PP entroulles unhas présas non vistas ao longo deste mandato.
Catro convenios como catro soles, pero con truco.
Así, á dereita non lle quedou máis que reivindicar –ás caladas– o bo traballo feito no mandato do socialista Vicente Irisarri. O “novo” convenio con Defensa, practicamente, é o mesmo pero con dous engadidos. Iso si, pola desidia da actual equipa cuns custes adicionais para a cidade.
Non hai en algún caixón da alcaldía propostas para abrir Ferrol ao mar, que so deben ser postas en marcha? Sabe o concelleiro da Policía Local que a ten centralizada en San Xoán? Así, tamén, o convenio con Fomento para a nova entrada á cidade polas Pías, benvido sexa. Mágoa que o exministro Pepe Blanco non o deixara concluso. Estamos no 2011 ou no 2015?

 

Catro convenios

Te puede interesar