Moitos presumen de tolerancia pero non toleran

Fixen estes días un seguimento aos “comentarios” que na páxina web de Diario de Ferrol achega á xente en relación coa celebración da Semana Santa. Pasma que haxa quen, falando da independencia de Catalunya nun exercicio de defensa da actuación dos seus líderes encadeados por rebelión e vai ti saber que máis amose a tolerancia como un dos seus principais argumentos, xa que sería precisamente a tolerancia a que permitiría que cadaquen fixese o que quixese. Xa din que a Lei conformouse para por coto á barbarie. Sen embargo, ideoloxías políticas a parte, menos toleran os mesmos “comentaristas” a celebración da Semana Santa ferrolá por non estar dacordo cos seus ideais. O caso é que, nesto de ser tolerantes o somos con quen nos peta ou nos interesa, polo que o fondo da cuestión xa é a intolerancia, mesmo xa non contra as tradicións senón contra as persoas que queren vivir e sentir ó seu xeito.

Moitos presumen de tolerancia pero non toleran

Te puede interesar