A folga do pasado 8 de marzo foi unha data histórica na reivindicación dos dereitos da muller.
A maioría de auxiliares de axuda no fogar non poideron acudir a ela polo seu compromiso e responsabilidade social coas persoas dependentes que atenden.
Tamén tiñan motivos para estar presentes. Gran parte delas, cada vez máis, traballan para empresas privadas tras a concesión da prestación do servizo polos concellos.
Nas sete cidades e noutros entes locais de toda Galicia, con gobernos de todas as siglas da vella e da nova política, estas mulleres desenvolven a súa labor en peores condicións (salarios, cotizacións, formación...) que as compañeiras que continúan no ámbito público. Esta decisión é tomada con coñecemento, determinación e baixo a responsabilidade da mesma clase política que di pedir cambios e inunda as dependencias municipais co lema: “Espazo libre de violencias machistas”.