Que difícil falar en galego nun país gobernado por quen detesta e/ou folcloriza a nosa lingua e cultura. Coñeceuse o acordo de consello de ministros do Consello de Europa que insta á Xunta e ao goberno central a procurar o cumprimento dos compromisos contraídos na Carta Europea das Linguas. Nesta pousa unha análise crítica de todo o que non se está a facer ou a facer mal en relación cunha lingua que retrocede, que se usa cada vez menos pola xente nova. O informe denuncia o retroceso que supón o chamado decreto do plurilingüismo, sinala os enormes atrancos para avanzar no uso da galego no eido da xustiza; a pouca penetración do galego nos sectores económicos e sociais ou a regresión que sofre no espazo clave dos medios de comunicación. Os problemas significativos que enuncia o informe teñen que ver co abandono práctico das previsións e medidas contidas no Plan Xeral de Normalización Lingüística do 2004, e un primeiro responsable, Núñez Feijóo.