Populistas

|

Os novos partidos de esquerda xurdidos na escena política española, soen ser cualificados de populistas; mais como o termo populista quere dicir que procura a defensa dos intereses do pobo, semella que o apelativo está aplicado no sentido demagóxico. Coido que nisto da política hai que fiar moi fino, pois os políticos de baixo nivel, utilizan ao seu libre albedrío o senso das palabras de xeito arteiro, para descualificar ao rival. Así, cando a alguén o acusan de populismo, semella que queren definilo como engaiolador dos cidadáns. Curiosamente, os que máis empregan este argumento, son os que levan como nome do seu partido, o termo POPULAR. Iso non é populismo? Xa que logo, a dedución lóxica que poderiamos tirar é que, tanto uns como outros, o que queren é gabar ao pobo para atraelo ao seu ideario, ou sexa, populistas todos. Agora ben, como diría o Napoleón de Orwell, “uns máis que outros”. E que cada quen escolla, segundo o seu leal saber e entender. Parécevos?    
 

Populistas