EUFORIA

Semella que os candidatos do PP están imbuídos nunha especie de euforia que fai que se consideren os mellores, os máis guapos, os máis intelixentes e os salvadores e, con certa frecuencia, caen na tentación de afirmar que ninguén poderá facer polo país tanto como fixeron eles. Para salientar a súa valentía afirman que defenderán a cidade “por encima de todo”, o que equivale a dicir que, tamén por enriba dos cidadáns. En realidade, os cidadáns valen pouco para eles, pois de calquera xeito, non son outra cousa que “perdedores”. E se non, que lle lo pregunten ás 93.000 familias que, segundo os xornais, teñen a todos os seus membros sen traballo; ou aos das hipotecas, que perderon casa e cartos. E din que “o gobierna Rey Varela o gobierna la alianza de los perdedores”, como se iso fose ilegal. Pois oxalá que entren a gobernar os perdedores, a ver se gañan algo, porque os “gañadores” xa levan gañado bastante. E non queren deixar as poltronas. ¡Que aproveitados!

EUFORIA

Te puede interesar