Precisamos dun gran acordo entre as forzas políticas que, dun xeito ou outro, teñen expresado o seu compromiso cos dereitos individuais e colectivos dos galegos e galegas. Precisamos dunha expresión unitaria que sexa capaz de sentar no Congreso dos deputados en Madrid a un grupo parlamentario que faga imposíbel ocultar a voz e os intereses dos galegos e galegas.
Non hai máis liña vermella que a defensa dos intereses nacionais (culturais, económicos e políticos) no novo proceso político. Non debería haber máis liña vermella que a dun programa de mínimos e a constitución dun grupo parlamentario galego. É urxente converter en acordo as coincidencias para podermos abrir un camiño cara o recoñecemento dun estado plurinacional e o dereito a decidir.O que non puido ser noutras ocasións, debe ser agora. No soutoo rechouchíu ocúltase entre a recandea feita orballo. Do fondal, ás veces, asoma o berro dun corzo.