decisión de Turquía de ocupar novas zonas de Siria, conseguiu a o visto bo de Trump, xa que todo indica que as sancións que tomou foron forzadas e só buscan rebaixar as criticas internas. O argumento de Erdogan de que se trata dunha medida de lexitima de defensa contra o terrorismo do PKK, obvia que Turquía esmaga as reclamacións máis básicas, como recoñecer a nacionalidade curda.
Que concesións fixo Ancara para conseguir a retirada dos militares de USA e doutros países da OTAN?... Afastarse do dialogo con Rusia e Iran? Washington ten entre 12 e 20 bases no territorio, no que se atopan os principais xacemento de petróleo e gas do país. Abandonará definitivamente a zona? Que pasará coa área que ocupa en Al-Tanf na fronteira con Xordania? Asemade, a invasión amosa a complicidade de Francia e o Reino Unido, que teñen tropas na zona. Resulta evidente que os curdos son sacrificados por Washington. Despois de utilizalos contra Assad, agora son un escollo para recobrar a plena integración de Turquía na OTAN.
Asemade, ren indica que a pretensión de Erdogan teña como obxectivo a paz nas súas fronteiras, xa que esa folla de ruta pasaría por un acordo co goberno de Damasco para obrigar aos curdos e milicias islamistas a aceptar o control da zona polo exército sirio. Pola contra, o obxectivo anunciado sería instalar dous millóns de refuxiados. Será unha opción temporal ou definitiva, tendo en consideración o afán expansionista de Erdogan? Xa ocupaba territorios sirios, en colaboración con con milicias da oposición, incluíndo grupos terroristas como Al Nusra.
Ancara xoga a varias bandas. Polo tanto, está por ver cal será o resultado do pacto entre os curdos e o Goberno sirio, para que estes ocupen o espazo deixado polos militares de Estados Unidos. Ábrense varias opcións, que: o exército turco e as milicias islamistas se retiren; que se fixe unha fronteira ali onde fagan contacto sirios e turcos; que confronten ambos exércitos.
Veremos como se resolve esta situación, o que dará unha idea máis exacta sobre até onde están dispostas a chegar as grandes potencias con intereses na zona, e permitirá medir as ambicións das potencias rexionais. Hoxe Oriente Próximo é a zona na que a conflitividade é máis forte, tanto por razóns xeográficas como pola súa importancia na produción de petróleo e gas. Daquela, a transcendencia na disputa xeo-estratéxica, e polo que implica para o futuro da humanidade o avance e retroceso de cada unha destas potencias, e sobre todo da súa capacidade para chegar a acordos.