Modelos

A activa e benemérita Asociación Cultural Fuco Buxán quixo festexar as letras galegas deste ano organizando un acto dividido en tres partes: a presentación do libro de poemas de Carlos Callón Atravesar o fantasma; as sempre suxestivas cancións de Roger de Flor e a mesa debate “Vivir en galego / compromiso coa lingua”, coa presenza do propio Callón, de Xurxo Souto e de min mesmo. Todo ben coordinado e presentado por Xurxo Gago. Debo agradecer o convite. Cando hai semanas me falaron do tema inmediatamente pensei que tiña que falar de Malta e do maltés. A República de Malta non chega ó medio millón de habitantes. Ten dous idiomas oficiais, coma nós. Un é o maltés, lingua de orixe semítica, que se escribe con carácteres latinos. O outro o todopoderoso inglés. E fíxense vostedes por onde o idioma vehicular no ensino primario e secundario é o maltés. E o que usa a xente tamén. Un coñecido exemplo no que aprender. Recoméndolles coñecer Malta. 

Modelos

Te puede interesar