Aparentar

O xogo de aparentar unha realidade política diferente á verdadeira agáchase dende a noite dos tempos.
Aqueles que están nisto non pretenden outra cousa que ocultar a debilidade das súas posicións. Son “trileros” que necesitan poñerse roupas alleas.
Quen realmente gañou o recente Congreso do PSdeG? Os seus militantes, que elixiron con seu voto directo ao novo secretario xeral e, obviamente, José Ramón Gómez Besteiro e a súa executiva. Os demais xogan con cartas trucadas; no mellor dos casos están –máis o menos preto– do astro Sol e non por iso teñen asegurado ese ansiado futuro persoal.
Mais, son iso, simples xogos. E á xente común nada lle interesa. Resulta máis importante saber que pasa neste mundo real en crise, porque un partido gaña cando é unha forza social que afunde as súas raíces nesa terra fértil que é a vontade colectiva e o afán de progreso.

 

Aparentar

Te puede interesar