Un paseo pola Magdalena

Son as persoas de fóra quén mellor valoran o patrimonio de Ferrol. Non hai moito acompañaba a uns amigos cataláns nun paseo pola Magdalena. As galerías do dezaoito e os edificios modernistas de principios do vinte eran o centro da nosa conversa. Temos moitas potencialidades, pero hai tempo que estamos nun bucle que leva a ningures. Non vai sendo hora de abrir a etapa definitiva da rehabilitación e da recuperación?
Fronte ás oportunidades que aínda temos, está o perigo de seguir mirándonos o embigo. Saben que temos na Magdalena vinte e sete solares derruídos ou con perigo de caída, que hai outros seis a medio construír? 
Outro aspecto que se ve co estudo do Foro Ferrol Vivo é que as rúas peonís teñen unha maior actividade comercial, pero hai que realizar antes a reforma da Praza de Armas e ter resolvo o aparcadoiro para residentes. Está na nosa man construír o Ferrol moderno. É tempo.
 

Un paseo pola Magdalena

Te puede interesar