Os mareantes da Coruña, tan laicos e anticlericais, deixan de lado as súas aconfesionalidades e pagan unha guía turística dun camiño relixioso, a saber, o Inglés da peregrinaxe a Santiago. Un acerto para que profanos e crentes comecen unha viaxe desde a capital herculina. Co paso do tempo será María Pita o comezo oficial do Camiño inglés e Ferrol quedará como anecdótico e só coñecido para peregrinos puristas. Os comuneiros deberían estudar o caso de Muxía, que co conto do “Prestixe” compite agora con Fisterra como final do Camiño francés e una visita á vila da Barca dá idea do número de viandantes que se achegan á localidade sen saber que non ten nada de espiritual o percorrido, máis alá da beizón de catro carteis. Un pouco de acción gobernamental non viría mal para atraer turistas, pero non só do edil de Turismo ferrolán, se é que existe, senón tamén dos concellos polos que transcorre a vía, que un por outros son incapaces de facer nada por reivindicar a vía como riqueza.