No día da música

Sempre hai un momento da nosa vida ligado a algunha melodía. A música, sexa clásica, sexa rock, sexa ópera ou o que for, é arte, é sentimento que flúe en cada nota, é vida. Unha outra maneira de facer poesía.
Hoxe, a min que me foi negado o don ouvido, que non os pavillóns auditivos para escoitar e soñar entre acordes, quero facervos dar unha volta por un mundo de músicas que non se coñecen moito deste lado do Atlántico. Quero que extendades os vosos brazos e acollades músicas da lusofonía, letras que son poesía na nosa propia lingua cun sotaque harmónico, igual e diferente. Hai moitos grupos, solistas, moito por escoitar. Mais hoxe quixera que coñecerades a Fresno, un grupo brasileiro, que ademais de facer boa música, implícase na integración, na loita, en derrubar barreiras físicas e sociais. “Maior que as muralhas” é a miña recomendación de hoxe, é o relato da superación contada en primeira persoa polos seus protagonistas e musicada por Fresno. Non vexo discapacidade, vexo capacidade, loita, amor e música.

No día da música

Te puede interesar