Vén de presentarse o informe do Consello Económico e Social de Galicia, referente á rede básica transeuropea de transportes de mercadorías, iso si coa descualificación do Eixo Atlántico. O máis salientable, desde a perspectiva ferrolá, é o “Corredor do Cantábrico”, que conectaría por ferrocarril todo o área de Coruña - Ferrol e Asturias, así o noso porto exterior tería unha conexión terrestre axeitada con Europa e Portugal.
A proposta, de momento, é “un simple acto preelectoral”. Observando, o deseño das grandes infraestruturas galegas, vemos un norte cuxa marxinación empeza coa navallada da Autovía do Cantábrico por Vilalba. Unha verdadeira quinta provincia, que está en ningures, con decisións implementadas por Gobernos de Feijóo e Rajoy.
Todo é Coruña, Vigo e saída vía Monforte. Nós, somos unha quinta provincia que nin ten corredor cantábrico, nin –de facto– pinta nada no Eixo Atlántico.