Seguridade

O Colexio de Traballo Social de Galicia publicará en breve os resultados do estudo sobre a realidade actual da profesión.Anticipamos algúns datos relevantes no ámbito dos riscos laborais: o 33% das persoas traballadoras no sector público,a maioría dos servizos comunitarios,e un 22% das que o fan na empresa privada sufriron algún tipo de agresión.En concreto,un 58%  verbais,un 7% físicas e un 35% ambas.Este incremento da agresividade das persoas usuarias,deriva fundamentalmente de episodios de frustración,das graves situacións xeradas pola crise e da carencia de recursos públicos para atender adecuada e axilmente as necesidades sociais.Para atallar esta problemática o ente colexial,con bo criterio,reuniuse xa o pasado 20 de xuño co director da Fegamp para tratar de implementar a elaboración dunha guía para a prevención e as actuacións pertinentes ante circunstancias de maltrato.

Seguridade

Te puede interesar