Inquedanza

O anuncio da declaración de intencións dun ex-xeneral do Exército, que falaba de fusilar a 26 millóns de españois, non causou, en principio, demasiada inquedanza entre a poboación, pois é difícil imaxinar que, hoxe en día, exista xente tan desalmada, capaz de levar a cabo semellante barbaridade. Non hai que descartar a posibilidade dalgún grupo minoritario que apoiase mentalmente ou “baixo corda” unha masacre con moitas vítimas, pero de aí a esa espantosa carnicería hai moito treito. De todos xeitos, o que si pode ser causa de inquedanza é a seguridade que o protagonista amosa, da impunidade de facer tales declaracións. E tamén o cálculo de persoas a eliminar, que non parece feito ao chou, senón baseado nas proporcións dos grupos parlamentarios, da que se podería albiscar a cantidade de apoios dunha posible rebelión contra o goberno. É dicir, eliminados 26 millóns, quedarían uns 21 millóns, con cuxo apoio parece contar o descerebrado protagonista. E ese si que pode ser motivo de inquedanza, porque, existen realmente en España tantos fascistas e franquistas “trasnoitados”? Eu prefiro non crer neles, pero tampouco creo nas meigas... 

Inquedanza

Te puede interesar