Aai un desacougo nas filas do PP, que lles fai buscar a axuda do PSOE e mesmo se permiten darlle consellos ao candidato socialista para que se defenda da posible ameaza que os emerxentes partidos da esquerda supoñen para os, ata agora, partidos maioritarios. Coidado, que ven “o lobo”!, parece que é a idea que queren transmitirlle aos socialistas, como se lles quixeran facer un favor, cando en realidade o que buscan é utilizalos na súa propia defensa, ante o declarado ataque do depredador de votos. Mais o certo é, que o aviso non vai moi desencamiñado, pois se “o lobo” pretendía nun principio rematar co bipartidismo dun só bocado, semella que agora ten a mira posta sobre o partido de Sánchez, por consideralo máis necesario ou perigoso para as súas ansias de poder. Porque coido que os “devoradores” tiveron entre os seus dentes aos da “gaivota” e deixáronos saír vivos e aleteando, para non reforzar a posición dos da “rosa”. Eu o vexo así, pero será verdade?