Informe

O pasado luns a xunta directiva do comite autonómico de Unicef aprobou por unanimidade o primeiro informe da situación da infancia en Galicia. A estructura do documento analiza as políticas de infancia, os dereitos á educación, saúde, participación, proteción e,a pobreza e exclusión social.A voz dos rapaces e rapazas de diferentes consellos de participación infantil tamén está presente. 
O texto remata cunha relación de propostas e recomendacións sobre as medidas a emprender no noso territorio. Xurde para convertirse nun instrumento primordial para avanzar na millora da situación do colectivo na comunidade, enriquecer o debate público e favorecer a adopción de compromisos para a implementación de políticas de protección e promoción dos seus dereitos.
Ogallá que sirva ademáis para remover o anticuado pacto galego pola infancia do 2011,que precisa ser renovado e adecuado á realidade actual. 

Informe

Te puede interesar