SINOPSIS

Nos multicines Norte de Vigo e en Numax de Santiago de Compostela, os días 3 e 5 do presente mes, a organización Contorna social co apoio de diversas entidades da cidade olívica presentou en Galicia a película documental “Non estamos sos”.
Unha historia da movilización real da cidadanía rodada a pé de rúa ao longo do ano 2014.Seleccionada  en diversos festivais revela a forza e a imaxinación dos movementos sociais xurdidos para denunciar a degradación da democracia. Unha etapa de rebelión espontánea que marcará sen dúbida o futuro da vida política no noso país.
Marea blanca, Marea verde, Plataforma de afectados polos desaufiuzamentos, Flo 6x8, iaioflautas,a solfónica e as comadres de Xixón e mulleres de Barredos son os principais protagonistas. Grandes colectivos poblados de xente anónima que un día decidiu apuntarse ao activismo para esixir un cambio radical na forma de facer política.  

SINOPSIS

Te puede interesar